Batalla de Hatfield Chase

A Batalla de Hatfield Chase (en inglés antigo Hæðfeld, en galés Meicen) tivo lugar o 12 de outubro de 633 en Hatfield Chase preto de Doncaster, Yorkshire, na Inglaterra anglosaxoa entre os northumbrianos dirixidos polo seu rei Edwin e unha coalición de tropas galesas e mercianas dirixidas respectivamente por Cadwallon ap Cadfan e Penda[1]. O lugar era unha zona pantanosa a uns 13 quilómetros ao nordeste de Doncaster, na beira sur do Río Don. Foi unha vitoria decisiva para galeses e os mercianos; Edwin morreu na batalla e o seu exército foi derrotado, o que provocou un colapso do puxante reino do norte..

  1. Beda dá esta data na súa Historia ecclesiastica gentis Anglorum (libro II Arquivado 13 de maio de 2011 en Wayback Machine., capítulo 20), pero a Crónica anglosaxoa dátaa o día 14.

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Tubidy